Infórmate > Noticias 

Noticias 

Neste tempo de distopía realzar á xente de boa vontade
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/12/2020 | A Limia

Estado de Benestar ou de Providencia?

1 de 4

A enfermidade é a cara noctuna da vida, unha cidadanía máis cara. A todos, ó nacer, outórgannos unha dobre cidadanía, a do reino dos sans e a do reino dos enfermos. E aínda que prefiramos usar o pasaporte bo, tarde ou cedo cada un de nós vese obrigado a identificarse, polo menos por un tempo, coma cidadán daquel outro lugar. Con estas frases comezou Susan Sontag o seu ensaio “A enfermidade e as súas metáforas”.
Nós que as lemos na última revista Irimia grazas a Pedro Pedrouzo corroboramos cómo esta pandemia nos complica, bloquea a nosa relación cos demais. Tócanos xusto no corazón, na cerna que nos identifica. Ante o medo de que poidamos ser transmisores, infectarnos, andamos con prudencia, inquedanza. Pero seguimos, con esta pesada mochila a maiores, tratando de manter no nivel óptimo o noso cometido.
E agradecemos e queremos darlle difusión, unha vez máis, que hai moita xente de boa vontade, xente xenerosa, comprometida cos demais. O contrario do que todos os días aparece nos medios: xente que rouba, engana, se aproveita…

Denunciando que a clave non é ser socorristas dos desastre sociais provocados pola continua desaparición do Estado de Benestar e a intervención da Providencia, sabedes que, entre outros moitos cometidos, todas as semanas, martes e venres preparamos lotes de comida para aquelas familias que o necesitan e en colaboración cos Sevizos Sociais dos Concellos de Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia (coordinados con Cáritas e a Cruz Vermella), distribúense. Produtos que nós recibimos tamén doutros: Parlamento de Galicia e Consellería do Medio Rural, Mercadona (de todo tipo con data de caducidade próxima),Gallega de patatas,  Instituto do Campo (patacas e verduras), Sociedade Cooperativa Galega Postoiro (cebolas e outros productos de horta)… 
Pero tamén queremos citar a veciñas e vecinos que nos chaman para ir recoller as cabaciñas (Mª José), as verzas, os grelos, etc. Ou á vecindade da parroquia de Couso da Limia que todos os anos por estas datas fan unha achega de produtos que mercan en función das necesidades que teñen as familias ás que llas imos dar. E José Manuel Nieto e Carlos de Coedo…
E lembramos ó admirado Pedro Casaldáliga neste ano do seu pasamento que nos aprendeu esta cita que incorporamos na tarxeta do Nadal: “ Aquilo que me fai é o que dou e non o que teño. Canto máis dou máis teño porque eu son máis”

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies