Infórmate > Noticias 

Noticias 

Recoñecemento ás nosas nenas e nenos hoxe e tódolos días
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

20/11/2020 | A Limia

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

1 de 2

Hoxe, 20 de Novembro, conmemórase o día internacional dos dereitos da infancia e no CDR “O VISO” sumámonos a tan necesaria reivindicación. Os dereitos das nenas e nenos son innegociables e queremos que as súas necesidades, as súas inquedanzas, as súas ideas sexan escoitadas e atendidas polas administracións públicas.
Este ano 2020 estanos amosando o nivel de humanidade da infancia: aceptaron o confinamento, adaptáronse a non saír, a non ver a seres queridos nin amizades, asumiron en tempo récord os novos protocolos de hixiene e protección, manteñen as medidas dunha forma estrita como ninguén, aceptaron a volta á escola con restricións impensables... e son elas e eles o noso apoio emocional.
No CDR “O VISO” temos un claro compromiso social cara a nosa infancia  e desde os nosos programas traballamos para poñer en valor o papel das nenas e nenos do rural, sostén das nosas aldeas, lingua, cultura. Queremos que sexan escoitados, que poidan seguir medrando coa comunidade, que poidan xogar en liberdade nas canelliñas e nas airas, que teñan o orgullo da terra e a oportunidade de permanecer nela.
Todo o noso recoñecemento ás nosas nenas e nenos por seguiren amosando a mellor cara do ser humano.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

 
Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

aceptacookies