Infórmate > Noticias 

Noticias 

Vegalsa-Eroski dóanos 900 kilos de produtos de primeira necesidade
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

27/04/2020 | A Limia

Entrega, preparada no Cash Record de Verín,para a poboación máis vulnerable de A Limia

1 de 3

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski continúa reforzando as súas doazóns solidarias de produtos de primeira necesidade ante a crise sanitaria por COVID-19, facendo entrega hoxe de 900 kg de produtos básicos de alimentación e hixiene (como legumes, conservas, arroz, tomate, leite, aceite ou champú) ao Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, entidade de utilidade pública sen ánimo de lucro –con máis de 30 anos de historia- situada en Lodoselo, no Concello de Sarreaus. O ámbito de actuación desta entidade é a Comarca da Limia, situada ao sueste da Provincia de Ourense.

A entrega realizada pola compañía, que foi preparada no Cash Record de Verín, busca poder contribuír ao labor desta entidade que ten como misión acompañar á poboación máis vulnerable da Comarca da Limia a través de accións globais de carácter social, educativas, informativas, económicas, de formación e emprego para que poida permanecer nos seus lugares de residencia, nas mellores condicións e cunha maior calidade de vida.

Concretamente a doazón obtida permitirá reforzar o Servizo de comedor social a domicilio desde o que se reparten máis de 100 bandexas diarias en distintos pobos da comarca e a atención ás necesidades básicas de unidades familiares en situación de vulnerabilidade, debido á elevada demanda existente nas últimas semanas. Unha acción que se enmarca no compromiso social que Vegalsa-Eroski mantén desde hai anos para axudar aos que máis o necesitan nos lugares nos que opera, contribuíndo así no caso da Limia a axudar aos colectivos máis vulnerables a través desta entidade. E faino tamén apoiando a produción local desta comarca colaborando cos produtores da zona, como acaba de facer recentemente comezando a comercializar na súa rede de tendas pataca de variedade “Agria”, predominante na Limia, para axudar a dar saída ao excedente acumulado neste produto como consecuencia da actual crise sanitaria por coronavirus.

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 267 establecementos entre propios e franqueados baixo as marcas comerciais Hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski/Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski/City e Aliprox. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 19 centros distribuídos homoxeneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info