Infórmate > Noticias 

Noticias 

É o tempo de vivir o aquí e o agora
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

24/03/2020 | A Limia

Pautas xerais

1 de 1

¿Que é o que debes facer nestes días de confinamento?

Establecer unha rutina diaria, esta rutina deberá conformarse en termos xerais por tarefas de responsabilidade, tarefas de autocoidado e tarefas de ocio. Estas tres partes son fundamentais para poder seguir activos dentro da situación que nos acontece e non parar en seco a nosa vida.

Mantén os teus horarios:
1.Horario de traballo. Seguir traballando se é posible dende a casa e senón adaptar novas responsabilidades e tarefas.
2. Horario de descanso. Interromper o menos posible o hábito de descanso e sono que tiñamos antes.
3.Horario e hábitos de comida. Igual que o sono, interromper o menos posible este hábito. Xa que a moitas persoas o estar na casa dalles por comer de maneira compulsiva e sen orde.  (Se os vosos hábitos de alimentación non eran saudables, agora é un bo momento para comezar pouco a pouco. Así estableceredes novos obxectivos que vos farán sentir ben.)

4.Horarios de hixiene. Estar na casa non significa, estar todo o día en pixama, sen ducharnos, sen vestirnos ou peitearnos. Os hábitos de hixiene son FUNDAMENTAIS para estes momentos. Se a vosa rutina antes era, ducharnos, vestirnos e saír ao traballo/clases, deberá seguir o máis parecida posible.

5.Horarios de ocio e tempo libre.  É moi bo momento para incorporar na nosa vida TODAS esas actividades que non tiñamos tempo de facer.

Pero, non é cuestión de encher TODO o tempo con actividades de ocio, se non unha parte do tempo. Debemos recordar que temos que seguir ao máximo posible coa nosa rutina de sempre.

- As persoas afeitas a ter moita interacción con outras persoas, poden servirse das chamadas e videochamadas para ter ese momento de actividade social.
- Autocoidado. Importantísimo tomarnos unha parte do día e da semana para facer deporte, meditar, escribir, mimarnos (un bo baño relaxante, unha máscara...) É IMPORTANTE PARA MANTER O ESTADO DE ÁNIMO VERNOS BEN.
- Aproveitar este tempo para aprender cousas novas (coser, cociñar, manualidades, pintar...).
- Éun bo momento para recuperar os lazos comunicativos intrafamiliaresque tiñamos perdidos, recuperar vello0s costumes dentro de casa (reunirnos na mesa, xogar a xogos de mesa, ver películas...). Para quen está pasando a corentena só, sería recomendable facer as cousas que permiten as tecnoloxías (chamada, videochamada grupal, xogos online en grupo...).

Agora que xa sabemos que é o que se debería facer...é importante coñecer aquelo que NON DEBEMOS FACER durante esta corentena:

- Pasar TODO o día en pixama, vendo películas ou series, e atacando a despensa.
- Recorrer constantemente a pensamentos de proxección futura. É momento de vivir agora e saborear o momento.
- Monopolizar o noso tema de conversación. Sabemos o que está pasando, debemos estar informados, pero NON todo o tempo falando do mesmo. Xa que isto só pode axudarnos a aumentar os nosos niveis de ansiedade.
- Ter constantemente as noticias postas na tele ou recorrer a elas por Internet. Polo mesmo motivo, só imos aumentar os niveis de ansiedade.

Entendemos que non é doado; e se alguén precisa de apoio, material ou pautas para o manexo da ansiedade, pode poñerse en contacto con nós para afrontar esta nova realidade cos mínimos costes emocionais posibles.

Podes deixarnos unha mensaxe privada ou contactar coa psicóloga do centro en horario de 9:00 a 14:00 no 988461571.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos
Noticias

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info