Infórmate > Noticias 

Noticias 

ANIKIBÓBÓ:
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

21/11/2019 | Xinzo de Limia

Facendo fincapé nun enfoque educativo transversal

1 de 1

AnikiBóbó Proxect é un proxecto que xorde da necesidade de espallar, fomentar, asentar unha verdadeira educación en valores na comunidade. Encadrado dentro do CDR “O Viso” é un programa con personalidade propia, equipo novo, que nace da sensibilización, confluencia de ideas e obxectivos do conxunto de profesionais (psicóloga, psicopedagoga e deseñadoras), a través do cal crearanse recursos e ferramentas de difusión e divulgación de valores que procuren unha sociedade máis xusta.

O respecto a toda a persoa e a todas as persoas -independentemente do seu sexo, raza, posición social, orientación sexual, ideoloxía política, relixión- é a nosa carta de presentación.

Inspirámonos na película Aniki-Bobó, dirixida por Manoel de Oliveira, recoñecido cineasta portugués. A historia protagonízana mozos e mozas do Porto e que viven co berro de guerra Aniki-Bobó, lema que esperta neles esa ansia por vivir, xogar e amar propia da infancia e aínda sen contaminar; sobrevivintes do contexto vital que os rodea e vivindo intensamente o ensino da rúa.

Dende Aniki-Bobó ProXect traballaremos, polo tanto, abordando temas de peso para o desenvolvemento de toda persoa e para potenciar individuos máis capacitados socialmente. Dirixímonos principalmente á infancia e xuventude, aproveitando as capacidades propias desas idades temperás, pero consideramos importante achegar a nosa proposta a colectivos de todas as idades.

Que propoñemos?

A nosa primeira proposta, por responsabilidade social, será a educación pola igualdade: previr e erradicar a violencia de xénero. Este 25 N realizaremos campañas de sensibilización e prevención de calquera forma de violencia contra as mulleres en Xinzo, Vilar de Barrio e Trasmiras. O 24 de Novembro na Praza do Toural de Vilar de Barrio crearemos un mural reivindicativo. O 25 de Novembro pasaremos a mañá no CEIP Carlos Casares nas aulas de educación infantil con Contacontos, xogos... Tamén elaboramos o deseño da campaña de sensibilización e concienciación que se poderá ver no centro de saúde de Trasmiras.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info