Infórmate > Noticias 

Noticias 

O vindeiro 30 de novembro, sábado, será a entrega da III Edición do Premio Pedra Alta de 2019
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

08/11/2019 | Vilar de Santos

Que concede o Museo da Limia ó CDR " O Viso"

1 de 1

Despois da favorábel acollida das dúas edicións anteriores do Premio Pedra Alta (2017, 2018), o Museo da Limia presenta a terceira edición deste galardón, consistente nunha réplica do menhir situado no corazón da antiga lagoa da Antela, coñecido popularmente como Pedra Alta, creada polo escultor limiao Xosé Lois Carreira. O premiado recibirá tamén un diploma de recoñecemento, deseñado polos arquitectos Manuel Seoane e Lola Peláez. Os tres anteriores, membros tamén do Consello Asesor do Museo da Limia, aportan as súas colaboración dun xeito totalmente altruísta.

O acto de entrega das distincións, aberto a cantos queiran asistir, será na sede do Museo da Limia e no salón multiusos do concello de Vilar de Santos o vindeiro día 30 de novembro (sábado). A laudatio ou gabanza do premiado corresponderalle ao limiao, profesor da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid Fernández. O acompañamento musical, como nas edicións anteriores, estará a cargo de Luis Humberto Cao e Baldemoro Pavón. A celebración concluirá cun expléndido cocido de fraternidade limiá no restaurante Novaíño de Sandiás, que colabora como patrocinador.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info