Infórmate > Noticias 

Noticias 

Participamos no OURS (Ourense Rural Summit)
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

31/10/2019 | Santo Estevo de Ribas de Sil

Contribuíndo, aprendendo

1 de 7

Desde a Universidade de Vigo puxéronse en contacto co CDR para que participáramos co convencemento de que sería un foro moi proveitoso e unha oportunidade única para contribuir ao logro dos ODS, así como, xerar novas alianzas entre os grupos de interese vencellados co rural.

A través do Observatorio de Investigación Rural convidáronnos a participar neste foro de expertas e expertos que tivo lugar do 29 ao 31 de outubro no Parador de Santo Estevo. Nós só poidemos participar a tarde do 30 e o 31. O Ourense Rural Summit (OURS) centrouse no codeseño de iniciativas para poñer en marcha en contornas rurais e ten como obxectivo afondar, de xeito participativo, na Axenda 2030 e nos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) para repensar en conxunto aplicacións e intervencións no medio rural.

O Observatorio de Investigación Rural creouse recentemente para analizar, investigar e poñer en marcha proxectos de vangarda no medio rural. Organizouse o OURS coa idea de converterse nun foro de referencia internacional do desenvolvemento sustentable. A través de diversas metodoloxías participativas, académicos e profesionais de diferentes campos traballaron xuntos durante tres días, construindo lazos e atopando solucións que conducirán a propostas graduais e adaptables para mellorar as condicións de vida das zonas rurais.

Coma noutras ocasións tivemos a sorte de atoparnos con persoas moi interesantes (algunhas ben coñecidas, algunhas con bastantes anos polo medio sen vernos... e tivemos a oportunidade de contactar con outras que pasan a formar parte dese referente interesantísmo para o CDR), de contar a nosa militancia rural, de sintonizar con sentires e análises, de gozar da compaña nun marco incomparable. Esperemos que sexa un bo remate e non só unha pua coincidencia deste mes de sementeira (outra das maneiras que temos de charmarlle aquí ós meses deste último trimestre do ano: Sementeira, Santos e Natal.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info