Infórmate > Noticias 

Noticias 

Día Internacional das persoas maiores
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

03/10/2019 | Lodoselo

Celebrámolo traballando e con festa

1 de 20

Si, porque coa axuda de Eloy e Pili recollemos algúns produtos da horta (sobre todo sementes dos que aínda non o fixeramos); tamén coa participación do persoal da casa niño, vivenda comunitaria, centro de inclusión... E algún convidado para completar o grupo de música que amenizou os tempos ata o xantar, que compartimos tod@s xuntos.

O persoal de cociña, sobre todo e os dous voluntarios do Servizo de Voluntariado Europeo colaboraron especialmente cos bailes. 

O Día Internacional das Persoas Maiores, recoñece a ONU, é unha oportunidade para poñer de relevo a importante contribución das persoas maiores á sociedade e para concienciar sobre os problemas e os retos que supón o envellecemento no mundo actual.
As persoas maiores sempre desempeñaron un papel importante na sociedade como líderes, coidadores e custodios da tradición. Con todo, tamén son moi vulnerables, e moitos caen na pobreza, quedan discapacitados ou sofren discriminación.
A Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable ( ODS) recoñecen que o desenvolvemento só se pode lograr se inclúe a todas as idades.  Empoderar ás persoas maiores en todos os ámbitos do desenvolvemento, incluída a súa participación na vida social, económica e política, axuda tanto a garantir a súa inclusión como a reducir as numerosas desigualdades ás que se enfrontan estas persoas.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info