Infórmate > Noticias 

Noticias 

Activación Sociolaboral - Iniciativa Xove
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

08/10/2019 | Xinzo de Limia

Xornada de Activación Sociolaboral co alumnado de FP II Básico de cociña.

1 de 1

OBRADOIRO DE ACTIVACIÓN SOCIOLABORAL

Hoxe estivemos no IES LAGOA DE ANTELA co alumnado de FP II Básica de cociña desenvolvendo unha xornada de activación sociolaboral. O obxectivo era explicar as novas claves de empregabilidade e a importancia de adquirir hábito e planificación orientada ó nicho laboral no que desexan incorporarse.

Contamos coa colaboración dun gran amigo, ex alumno deste IES, e na actualidade cociñeiro en México que compartiu con nós a súa experiencia no sector. Moi boa acollida e participación por parte do grupo.

Moitísimas grazas Agustín por motivalos e deixar pegada! “Os comezos dan medo, os finais son tristes, pero o importante é o camiño.”

(Esta actividade está finaciada no marco da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa de Iniciativa Xove durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria, DOG núm. 24, luns 4 febreiro de 2019.)

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info