Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 15/08/2019 | 2

Proxecto de Investigación para a recuperación, recolección e almacenaxe de sementes de variedades autóctonas da Limia.

Seguimos

15/08/2019

Un ano máis o CDR O Viso continúa co seu proxecto de Investigación para a recuperación, recolección e almacenaxe de sementes de variedades autóctonas da Limia.

Novamente puxemos en marcha a horta que está nos terreos do Centro de Inclusión que o CDR xestiona en Lodoselo.

O obxectivo desta horta é obter sementes dalgunhas variedades da zona como millo, garabullos, garavanzos, fabas, cabazas, cebolas, verza, nabos…

Ademais, a ubicación da horta permite que poidan participar nela, con distintas actividades, tanto os maiores que acoden ó centro de día como os nen@s do Concilia verán e meniñ@s da casa niño que ten as súas instalacións no mesmo edificio.

Este ano, ademais estamos facendo visitas ás hortas que cultivan, en distintos pobos da zona, as mulleres que acoden ás actividades do Centro..

As que manteñen vivo o costume de cultivar para a casa, gardar e intercambiar sementes son basicamente as mulleres. Aínda que os homes tamén botan unha man.

Nestas visitas aprendemos moito sobre os costumes e as peculiaridades de cada lugar.

Visitamos hortas lindísimas onde atopamos todo tipo de cultivos de horta,   moitas plantas aromáticas, infinidade de flores de todas as cores e descubrimos o afán destas mulleres, non só por conservar, se non tamén por innovar e introducir novos cultivos para ampliar a variedade de alimentos que usan nas súas cociñas.

Vimos ademais como colaboran entre elas compartindo os froitos dos seus cultivos, intercambiando sementes e coñecementos.

É importante que esta forma de traballar e esta sabedoría siga pasando de xeración en xeración e non se perda.

Este proxecto é o pequeno gran de area que o CDR O Viso pon a prol deste obxectivo.

Este proxecto de continuidade está enmarcado dentro dos proxectos de Investigación levados a cabo por COCEDER - CDR O Viso e subvencionado polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación; subvencións a entidades do terceiro sector u organizacións non gubernamentais, que desenvolven actividades de interese xeral consideradas de interese social en materia de investigación científica e técnica de carácter medioambiental.


http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d289032647kP1029090686o2l1/sementes-autctonas-vern-2019

Arquivada en:
Infórmate > Noticias