Infórmate > Noticias 

Noticias 

Primeiro día de Concilia no Verán 2019
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

01/07/2019 | Lodoselo

Aprendemos, compartimos, relacionámonos

1 de 4

Hoxe 1 de xullo, comezamos en Lodoselo o programa Concilia no Verán 2019, que levaremos a cabo ao longo dos meses de xullo de agosto en horario de 9.00h a 14.00h. Neste primeiro día realizamos distintas dinámicas de presentación para coñecernos un pouquiño mellor entre todos e todas. Logo en diferentes grupos estivemos por un lado coidando dos animais e dándolle de comer, mentres outro grupo acudía a vivenda comunitaria onde están os nosos maiores para dar con eles e elas un paseo e facer o acompañamento ata o centro de día. Antes de rematar o día e para coñecer mellor o espazo no cal estamos, fixemos un pequeno percorrido polo pobo de Lodoselo e finalmente, antes da nosa volta cara Xinzo, María estivo a contarnos "O conto dos piratas". Sen dúbida foi un día marcado por emocións, reencontros, sorpresas...e o que aínda queda!!!

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info