Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 07/06/2019 |

OBRADOIRO DE ASESORAMENTO ENERXÉTICO ESCOLA ENERXÍA NATURGY

13/06/2019 - 13/06/2019

O vindeiro xoves 13 de xuño a partir das 16:30hs ata as 18:00hs terá lugar un Obradoiro de asesoramento enerxético impartido pola Escola de Enerxía da Fundación Naturgy que asesorará sobre diferentes aspectos que concernen á interpretación dunha factura da luz, como solicitar un Bono Social, tipos de comercializadora, etc. Para elo as persoas que queiran acudir deben de contactar con nós previamente e deben de vir acompañadas da última ou últimas facturas do suministro de luz. Conscientes do encarecemento do nivel de vida nos últimos anos onde o desfrute de determinados servizos básicos como a auga ou a luz se teñen privatizado afectando así a aquelas unidades familiares en situación de precariedade con dificultades para afrontar os recibos ou manter unha temperatura axeitada nos seus fogares, consideramos importante empoderalos/as como consumidores/as para teren maior axencia ante esta situación.

Lugar de celebración:

CIX da Limia

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.2- Ruralempréga-T