Infórmate > Noticias 

Noticias 

Presentación dos resultados do estudio de necesidades da población Limiá
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/05/2019 | Xinzo de Limia

1 de 2

Tal e como estaba previsto na tarde do xoves, 16 de maio, presentamos os resultados do “Estudo de necesidades da poboación limiá” no CIX da Limia, un acto aberto á cidadanía, axentes sociais e educativos, entidades sociais... ó que tamén asistiron representantes das distintas opcións políticas do Concello de Xinzo de Limia.

Carmen Bohórquez, Lucía Nóvoa e Edi González achegaron o enfoque do estudo e os datos recollidos de preto de 300 enquisas, que supuxeron unha porcentaxe bastante baixa respecto das entregadas; máis dun milleiro. Se ben desde o CDR se fai unha continua análise da realidade polo contacto coas persoas no seu medio, quixemos contar tamén cuns datos cuantitativos e doutros sectores da poboación que veñen a corroborar a análise máis cualitativa que facemos no día a día.  

Algúns dos resultados obtidos e comentados foron a demanda de servizos de apoio á conciliación; apoio ao emprendemento e atención sociosanitaria; demanda de servizos a domicilio para persoas maiores e maior oferta de ocio e cultural para a mocidade.

Reflexionamos sobre a importancia de promover unha auténtica comunidade educativa, traballar en rede e seguir nunha liña de diálogo entre nós e coa cidadanía. Porque segue parecéndonos que hai unha escasa cultura de participación e de traballo en rede. Tamén diferenciamos as necesidades manifestadas das necesidades reais, puntuais... 

“Preguntar á xente como desexa recibir os servizos é unha maneira de comezar a formar parte dos mesmos”.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

banner

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info