Noticias
© CDR O Viso | 02/05/2019 | CLASE ROSALÍA
Ramadán
Finalizadas (temporalmente) as actividades de español e o programa de empoderamento feminino “Limuhe”
02/05/2019
Comeza maio e damos por finalizadas (temporalmente) as actividades de español e o programa de empoderamento feminino “Limuhe” que dende setembro levamos realizando coa comunidade magrebí de Xinzo.
E por que parar agora? Porque comeza o Ramadán.
Unha época cargada de significado para os musulmáns, quizais a máis importante do ano, que recorda o momento no que o Corán comezou a ser revelado ao profeta Mahoma. Cumprir co xaxún total e a abstinencia sexual dende o alba ata o solpor durante os 30 días é un dos cinco pilares do islam. Pese a que os alleos o ven como unha tortura, a maioría dos crentes celebran o seu encomezo. Xa que é tamén un momento de celebración, cheo de visitas a familia, cenas deliciosas, largas reunións con amigos e tamén de reflexión: é momento para pensar no futuro, recordar os erros do pasado e tratar de emendalos.
Volveremos coas pilas cargadas!
Estas actividades son realizadas ao abeiro da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018,2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).
Arquivada en:
Infórmate > Noticias