Infórmate > Noticias 

Noticias 

Campaña X SOLIDARIA
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

04/04/2019 | Santiago de Compostela

O CDR animando aos contribuíntes a marcar a casiña de fondos sociais na Declaración da Renda.

1 de 5

Participantes e traballadoras do C.D.R. “O Viso” viaxamos onte a Santiago para promocionar a campaña informativa a favor de marcar a “X Solidaria” na Declaración da Renda, seguindo coa defensa dos dereitos da poboación que no rural habita.

Marcando a casiña de “Actividades de Interese Social” conséguese que un 0,7 % dos impostos se dediquen a fins sociais (discapacidade, mulleres, infancia, cooperación...). Non se trata dun pagamento a maiores, senón de decidir a que se dedica esa pequena parte dos impostos xa aboados.

MARCAR A “X SOLIDARIA” NON CUSTA NADA!

Aproveitamos a xornada para camiñar polas empedradas rúas de Compostela e empaparnos de cultura no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info