Accesibilidad

Noticias 

© Museo da Limia | 25/03/2019 | Educarnos en A Limia

Educarmos na Limia

Á Conversa no Museo Etnográfico 

25/03/2019 | Vilar de Santos

"O Museo da Limia abre o seu ultramarinos para parolar. Das unitarias que poboaban o noso rural á experiencia de Preescolar na Casa, as iniciativas de educación a partir dos CDR, as gardarías municipais e a viaxe dos centros da EXB aos CPI e CEIP. Marés de siglas e experiencias ao redor da educación, conversamos con tres educador@s que exercen a súa vocación e traballo na Limia. O café sérveo o Centro Social da Limia."  

Así reza o cartel do Museo da Limia co título de Educarmos na Limia dentro do seu coñecido programa "Conversas na taberna" e no que aparecemos xunto a Xavier Pérez Gallego (Director do CEIP de Xunqueira de Ambía) dúas persoas do CDR O Viso: Lucía Nóvoa Joga e Antonio R. Corbal. Grazas 

Estaremos (D.m.) o vindeiro sábado 30 de marzo ás 5 da tarde en Vilar de Santos.

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades