Infórmate > Axenda de actividades

Axenda de actividades

IV campaña de recollida de alimentos e produtos básicos de hixiene
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

09/12/2018 - 09/12/2018 | Xinzo de Limia

3kg = 1 entrada

1 de 1

Dende o C.D.R. “O Viso” informamos un ano máis de que estamos desenvolvendo un Programa de Emerxencia Social para persoas en situación de vulnerabilidade da Comarca da Limia, funcionando por unha banda como entidade de reparto (reparto de produtos básicos de alimentación non perecedoiros e frescos, e produtos básicos de hixiene) e entidade de consumo (dispensación de comidas transformadas nos domicilios de persoas usuarias ou transporte e comida no Centro de Inclusión de Lodoselo). Este programa é subvencionado dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través dos fondos do IRPF 2017, e dende a convocatoria da Excma. Deputación de Ourense a entidades de iniciativa social.

Este ano xurdiunos a colaboración por parte da Directiva do Antela F.C. que nos convidou como entidade beneficiaria dos quilos de alimentos e produtos básicos de hixiene que as afeccionadas e os afeccionados doen por acceder o vindeiro domingo ó Generali Moreira no choque entre o Antela F.C. e o Mondariz F.C. que dará comezo ás 16:15hs.

Agradecemos, polo tanto, a colaboración por parte da Directiva do Antela FC á que felicitamos polo seu bo traballo a cargo do clube, e de apoiar estas iniciativas que contribúen á inclusión de persoas desfavorecidas da Comarca da Limia e, por suposto, ás persoas que vaian a colaborar o vindeiro domingo.

Arquivada en:

Infórmate > Axenda de Actividades

MATERIAIS RELACIONADOS
Axenda de Actividades

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info