Noticias
© CDR O Viso | 30/11/2018 |
O CDR O Viso recibe un galardón no XX Congreso Estatal de Voluntariado.
Fomos unha das once entidades galegas galardoadas.
30/11/2018 | Xinzo de Limia.
O CDR O Viso foi unha das once entidades galegas galardoadas no XX Congreso Estatal de Voluntariado, pola longa traxectoria e traballo levado a cabo.
Moitas grazas por este agarimo e recoñecemento á nosa labor. Este premio é de tódalas persoas que día a día contribuímos a levar a cabo esta utopía realizable, pero sobre todo é para ELES e ELAS, os nosos maiores e demais participantes que nos dan o alento para seguir. Grazas!
Si, pero esta mesma semana quitáronnos a posibilidade de contratar a tres persoas dentro dos programas de cooperación para o vindeiro 2019.
Por isto convén lembrarlle a quen nolo dá que "menos dar e máis estar". O voluntariado non pode ser quen sosteña os dereitos das persoas. Podemos axudar, contribuír. Pero ter dereitos significa, nos parece, ter a certeza de ser asistidos nos aspectos vitais sen perder a dignidade. Non podemos permitir que nos cambien dereitos por caridade porque entón estannos arrebatando a certeza e a dignidade.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias