Accesibilidad

Noticias 

© CDR O VISO | 27/11/2018 | MAGOSTO 1

Magosto Intercultural

Foliada de outono con castañas e comida marroquí.

27/11/2018 | Lodoselo

No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos. E o venres, en Lodoselo, usuarias e usuarios dos diferentes programas do C.D.R. “O Viso” e a veciñanza de Lodoselo vivimos con intensidade o noso Magosto.

Alberto e Rubén foron os encargados de acender o lume e coidar as brasas para esparexe-las castañas, controlando o seu punto.

Alí, Lucía coa pandeireta e Edi, Helena, Andrea, Mateos... coas súas voces, deron o mellor de si para, en varios pases, amenizar ao público que, de paso, puido botar uns bailes.

Este ano había algo novo, ademais de castañas, empanada, viño, bica de Laza... as usuarias de Limuhe quixeron participar cunha morea de pratos marroquís que fixeron as delicias dos alí presentes. E elas coñeceron un pouco máis das nosas tradicións, o tear, as cantigas e a gastronomía desta festa.

A Xornada transcorreu con verdadeira irmandade, poñendo en valor os vencellos comunitarios do mundo rural, galego; e a interculturalidade entre os pobos.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias