Infórmate > Noticias 

Noticias 

Participamos nas IV Jornadas Técnicas sobre os Carvalhos
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

28/10/2018 | Campo do Geres (Terrras de Bouro. Portugal)

Na palestra Educar para o futuro

1 de 11

Este venres e sábado, 26 e 27 de outubro participamos nas IV Jornadas Técnicas sobre os Carvalhos, Educar para a floresta autóctona, no Museu de Vilarinho da Furna, Campo do Gerés. 

Interesantes días nun espazo espectacular e arredor dunha temática atraínte: educar para a floresta autóctona; co  Carvalho, a árbore de Portugal, dándolle título e convocando a un bo número de educador@s pero tamén propietarios de terreos con árbores, técnicos... para abordar: educar para o futuro (a palestra na que nón participamos como ponentes), educar para o amanhâ, educar para beneficiar. No horizonte a concienciación crítica sobre a problemática ambiental.

Pero ademais das palestras tivemos talleres sobre a necesidade de incluír a flora silvestre na alimentación e de silvicultura do carballo, degustación de produtos locais e de producos feitos tamén con landras de carballo. 

Ademais doutra singular actividade nocturna: baños de floresta. Unha gozada compartir estas xornadas cunha xente que son verdadeiros gardiáns, entusiastas da floresta autóctona. Moitas grazas por convidarnos.  

Vilarinho da Furna: un pobo romano, un pobo comunitario afogado por Salazar. Velaquí algúns enlaces de interese. 

https://destinoinfinito.com/vilarinho-da-furna/

https://sicnoticias.sapo.pt/programas/perdidoseachados/2016-04-29-Somos-de-Vilarinho-connosco-ninguem-se-mete

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info