Infórmate > Noticias 

Noticias 

Limuhe: Visita ao Museo Galego do Entroido
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

19/10/2018 | Xinzo de Limia

1 de 4

Pensando nestas mulleres do Magreb e en todas as mulleres migrantes da comarca creamos o programa LIMUHE (na honra da escultura da Dama da Lagoa de Antela do escultor limiao Xosé Lois Carreira e como tributo ó papel preponderante das mulleres no rural limiao desde a prehistoria ata hoxe) co que pretendemos dar a coñecer os valores e características da sociedade limiá, galega e española para facilitarlles a inclusión na vida laboral, social e pública da comarca. É fundamental partir da visión integral da persoa, cun modelo que contemple todas as súas dimensións e necesidades, así como a interacción co contexto; a nivel persoal, reforzando as capacidades propias de cada muller, a nivel relacional para facilitar vencellos positivos con persoas e o contorno e a nivel social para poder interactuar coa sociedade de acollida.

Todas as semanas vimos realizando algunha actividade grupal, e este luns fixemos unha visita ao Museo Galego do Entroido. Carlos Gómez abriuno para nós e coas súas explicacións fixoas partícipes da nosa historia, das nosas máscaras e do sentimento que temos cara o noso benquerido Entroido.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info