Infórmate > Noticias 

Noticias 

Día Internacional para a Erradicación da Pobreza.
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

17/10/2018 | Xinzo de Limia

Mesas de sensibilización e concienciación co Comercio Xusto.

1 de 4

Hoxe, 17 de outubro, conmemórase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A pobreza non é só unha cuestión económica, trátase dun fenómeno multidimensional que comprende, ademais, a falta das capacidades básicas para vivir con dignidade, falta de oportunidades e de recursos. Todos/as podemos e debemos contribuír á sua erradicación, mediante pequenas accións podemos xerar grandes cambios!

Para sensibilizar e concienciar á poboación sobre a importancia de loitar por un mundo sen pobreza, hoxe comezamos a nosa campaña anual de comercio xusto nos IES de Xinzo de Limia. Andrea (educadora social) e Irena (voluntaria beneficiaria do servizo de voluntariado europeo do programa Erasmus +, financiado pola Comisión Europea), estiveron ao longo da mañá nos institutos cos produtos de comercio xusto e informando sobre a importancia de optar por este tipo de sistema comercial alternativo ao convencional, no cal os dereitos dos pobos e do medio ambiente están no centro da actividade económica.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info