Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 21/09/2018 | 1

Esta semana tocou mallar as fabas e os garavanzos

Lembrar facendo: a mellor terapia

21/09/2018 | Lodoselo

Detrás do Centro de Inclusión temos unha leira na que ademais de verza galega e verza branca, remolacha e algunhas froiteiras este ano no canto de patacas e grazas a Pili e a Eloi, sobre todo, sementouse millo do país, fabas e garavanzos, cabazas... Tamén se plantou cebola e agora botáronse os nabos e a chousa de verza galega. Ademais todo isto está vinculado a un proxecto de  Investigación para a recuperación, recolección e almacenaxe de sementes de variedades  autóctonas da comarca da Limia.

Para a nosa xente, afeita a estas tarefas e rutinas ó longo de toda unha vida o seguimento deste tipo de accións, así como agora a recollida dos produtos é toda unha festa; a participación, o posibillitar que nos aprendan uns coñecementos (case nunca valorados), o gozo de compartir estes momentos (vencellados a moitas vivencias) coidamos que son unha boa terapia.

Nun día tan sinalado coma este 21 de setembro (Día mundial do Alzheimer), Parabéns a todas as persoas que dun xeito ou outro contribúen a que a calidade de vida das persoas maiores siga sendo un dos nosos empeños cotiás. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias