Infórmate > Noticias 

Noticias 

Concilia no verán 2018
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

03/09/2018 | Lodoselo, Sarreaus

Programa de conciliación familiar, laboral e persoal; dirixido ás familias da comarca da Limia.

Caer, erguer, exercitar os sentidos, pórse a proba, coller insectos, plantar sementes,... son estímulos para o cerebro e para as emocións, porque o que aprendemos vinculado ás emocións grávase máis fácilmente na nosa memoria e é máis dificil de esquecer.

Iste é un dos nosos obxectivos a longo prazo, que os nenos e as nenas non esquezan estes dous meses cargados de emocións onde eles/as foron os/as protagonistas e os/as investigadores/as, nun entorno que lles ofreceu unha experiencia sensorial completa. 

Para nós, as/os educadoras/es, foi unha experiencia moi positiva poder compartir, experimentar, descubrir e xogar con elas/es. Nós démoslles as pautas, eles/as marcaron o ritmo.

Deixámosvos unha pequena mostra do que fixemos durante o mes de agosto.

Moitas grazas ás familias e, sobre todo, a cada un/unha dos/as protagonistas principais.

 

 

 

 

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info