Infórmate > Axenda de actividades

Axenda de actividades

En marcha o Concilia verán 2018
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/07/2018 - 31/08/2018 | Lodoselo

Contribuíndo á conciliación da vida persoal, familiar e laboral  

1 de 1

Dende o CDR O VISO ofertamos unha alternativa de tempo libre educativa, coa intención de proporcionar axuda ás familias da comarca da Limia con nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, para que poidan conciliar a súa vida familiar, persoal e laboral durante os meses de Xullo e Agosto.

Se na primeira semana de xullo (dende o domingo 1 ata o sábado 7) se levou a cabo un campamento en horario completo (24 horas durante os 7 días), agora dende o 16 de xullo ata o 31 de agosto estase realizando un programa lúdico gratuíto de conciliación polas mañás, de 09:00h a 14:00h de luns a venres.

Hoxe, luns 16, foi o primeiro día. Estivemos con 19 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Fixemos xogos de presentación, coñecemos e coidamos os animais e as plantas, coñecemos Lodoselo e fixemos un mapa do pobo. Tamén xogamos no campo da Lama e traballamos o conto do carballo con botas.

Velaquí algunhas imaxes desta xornada:

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d206394742kP754445763o2l1/concilia-vern-2018

Arquivada en:

Infórmate > Axenda de Actividades

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Axenda de Actividades

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info