Noticias
© CDR O Viso | 30/06/2018 | Taller de memoria
Obradoiro de Memoria. Chegou o verán
30/06/2018 | Lodoselo
O obradoiro leva dende outubro tendo clase todos os luns e mércores... para enlentecer os procesos do deterioro a nivel cognitivo.
Salientar o esforzo e afán de superación das participantes, sempre entre risas e facendo gala dunha marabillosa sintonía entre elas.
Onte para festexalo foron tomar algo ó bar de Lodoselo; que xa é tradición facelo nos aniversarios ou cando algunha ten algo que celebrar (ou simplemente lles apetece). Desta vez foi Esther a que levou unha tarta de queixo para pór un punto e final moi doce (ainda que retomaremos as clases despois do verán).
Arquivada en:
Infórmate > Noticias