Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/07/2021 | 3

Participamos na V Reunión Casal de Armán

Xornada organizada polo Foro Económio de Galicia

09/07/2021 | Ribadavia

O Foro Económico de Galicia organizou a V Reunión Casal de Armán, que se celebrou o pasado xoves, día 8 de xullo en Ribadavia- Ourense, para tratar o tema de "A gobernanza do medio rural" .
Un representante do CDR O Viso, Antonio R. Corbal,  participou na mesa redonda que leva por título Actores do cambio: ¿Como organizar ós actores no ámbito rural para favorecer a dinamización económica?
Nesta mesa falouse dos actores no ámbito rural, dende unha perspectiva académica -Mar Pérez Fra, USC-, institucional -AGADER-, e dende a práctica; para o que nos pediron que contemos a experiencia e o traballo do CDR O Viso, o seu papel como actores no ámbito rural, a achega á dinámica económica, etc. Tamén estivo Xosé Lois Lamazares Vence (Daveiga, galletas mariñeiras).
A mesa estivo moderada por María Cedrón, que é xornalista de La Voz de Galicia e directora do Suplemento Somos Agro.
O programa  completouse cunha mesa inicial na que participaron Santiago Lago, Xaquín Fernández Leiceaga e Pedro Puy Fraga; a continuación, Serafín Pazos Vidal interviu cunha conferencia moi interesante sobre o  caso escocés. E pechou a xornada Edelmiro López Iglesias coas conclusións.
O Foro económico de Galicia créase no ano 2010 como asociación sen ánimo de lucro; é unha plataforma de transferencia de coñecemento en materia económica dende as empresas e universidades galegas á sociedade e ós espazos de decisión pública. Integra a profesorado, persoal investigador, empresariado e directivas/os representativos dos diferentes sectores e áreas de Galicia e xornalistas galegos de referencia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias