Infórmate > Noticias 

Noticias 

Sábados en Familia e o noso patrimonio da Auga en Faramontaos
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

22/03/2021 | A Limia

Con motivo do #DíaMundialdaAuga, concienciándonos

1 de 6

Cada 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga para concienciar acerca da crise mundial da auga. Preocúpanos e alármanos que no mundo haxa millóns de persoas sen acceso á auga potable, que na Limia teñamos un problema grave de contaminación dos acuíferos, que se destrúan ríos, que se perda o patrimonio que garda relación coa auga... 
É por iso que estamos traballando no programa de dinamización comunitaria “O patrimonio da auga” en aldeas da comarca para por en valor o patrimonio rural en relación coa auga e para reflexionar sobre os seus usos, a situación na zona, entre outras cuestións. Estanse recollendo datos, imaxes e toponimia da zona para recuperar ese patrimonio colectivo e esquecido.
O pasado sábado programáronse dende o CDR "O Viso" dúas actividades encadradas na celebración do Día da Auga en Faramontaos (Xinzo de Limia): pola mañá convivio familiar do programa “Sábados en Familia” onde nenas, nenos e familiares gozaron da riqueza do río Faramontaos e a súa contorna. E pola tarde as e os participantes do programa de dinamización comunitaria “O Patrimonio da Auga” fixeron o roteiro que vai desde a bonita Ponte Vella (parece ser que do s. XVII) ata a presa de Gudín, tendo oportunidade de observar as construcións para aproveitamento da auga, comprobar o seu estado, debater... e gozar dunha paisaxe de grande beleza.
A actividade “O Patrimonio da auga” é unha actuación enmarcada na subvención de Inclusión de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 e a actividade “Sábados en familia” está financiada pola Consellería de Política Social a través da subvención a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies