Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 12/03/2021 |

Damos por rematada a campaña do 8M

Xornadas de promoción da igualdade nos centros educativos da comarca

12/03/2021 | A Limia

Despois dunha semana percorrendo tódolos centros educativos da comarca, damos por rematada a campaña do 8M celebrando o "Día Internacional das Mulleres".  Sabemos que a situación que estamos a vivir e moi complexa para todas e para todos, por iso queremos agradecer a tódolos centros educativos a oportunidade e a confianza que se nos brindou para poder levar a cabo a campaña, GRACIÑAS!.

É fundamental continuar transmitíndolle ás rapazas e rapaces limiás a importancia de loitar por un mundo IGUALITARIO, onde todas e todos temos os mesmos DEREITOS e decidir con plena LIBERDADE cómo queremos ser.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias