Infórmate > Noticias 

Noticias 

Contentos de anunciar que un ano máis o noso proxecto foi seleccionado nas #ConvocatoriaslaCaixa 2020
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

05/03/2021 | A Limia

Promoción da autonomía persoal e atención ó envellecemento, á discapacidade e á enfermidade.

1 de 4

"PROXECTO INTEGRAL DE INTERVENCIÓN SOCIAL NA COMARCA DA LIMIA: SERVIZOS DE PROXIMIDADE." Presentado á Obra Social "A Caixa" na convocatoria 2020 para axudas a proxectos de Iniciativas sociais na convocatoria ACCIÓN SOCIAL NO ÁMBITO RURAL. (Promoción da autonomía persoal, a atención ó envellecemento, á discapacidade e á enfermidade).
O proxecto presentado ten un carácter integral e holístico. O seu desenvolvemento é continuo e ten un carácter permanente no contexto no que se desenvolve. Con este proxecto desde o CDR O Viso pretendemos aproximar e facilitar recursos á poboación máis vulnerable da nosa comarca: as persoas maiores e/ou con diversidade funcional. A axuda foi de 24.000€
As accións realizadas polo CDR na comarca van enfocadas a promover e fomentar o mantemento das persoas na súa vivenda e contorna habitual a través de servizos de atención básicos, terapéuticos e preventivos, así como de dinamización comunitaria que promovan a autonomía, os hábitos de vida saudable e que eviten o illamento e a soidade.

Axudar como principio (porque tamén non axudar é educativo) e con principios ("xa que a mellor axuda, moitas veces é non axudar"). Dosificando a nosa intervención e posibilitando que o fagan elas e eles, que asuman as consecuencias, que desenvolvan/manteñan as súas potencialidades... Desafíos que nos fan medrar.

¡Grazas @FundlaCaixa polo voso apoio!


 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies