Accesibilidad

Noticias 

Acompañamento ás mulleres inmigrantes

Proxecto FAMI

24/04/2020 | A Limia

No CDR “O VISO” continuamos o noso traballo con persoas migrantes a través do proxecto subvencionado polo FAMI (Fondo de Asilo, Migraciones e Integración) da Unión Europea e o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
Na planificación inicial deste programa de asesoramento e formación pretendiamos levar a cabo conversas cara a cara para a aprendizaxe do idioma, sesións grupais de coñecemento da cultura, encontros interculturais, apoio e acompañamento psicolóxico, orientación e asesoramento en trámites administrativos... como viñamos facendo nos últimos anos grazas a contar cun equipo multidisciplinario capaz de dar resposta ás necesidades do programa.
A irrupción da COVID-19 fíxonos dar un xiro substancial. As conversas cara a cara que comezamos en febreiro convertéronse en chamadas telefónicas e o coñecemento da cultura trabállase a través de cuestionarios en liña, vídeos e mensaxería instantánea.Pero a grande necesidade á que se está intentando dar resposta é o acompañamento emocional a mulleres de orixe marroquí; se esta situación está sendo dura para a poboación en xeral, moito máis custosa está sendo para as mulleres inmigrantes da Limia. Ás necesidades básicas hai que sumarlle: a carga descomunal coas tarefas escolares das fillas e fillos, sen apenas entender o idioma, o illamento social, a soidade, a falta de apoios etc. A día de hoxe tamén se está traballando a confianza e a superación do medo a saír na desescalada que estamos a piques de comezar.
Agardamos que pronto se poidan retomar os contactos presenciais para que o acompañamento sexa máis efectivo e mellorar a situación emocional de moitas persoas.


 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias