Infórmate > Noticias 

Noticias 

O Servizo de emprego e formación do CDR O Viso
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/10/2020 | Xinzo de Limia

1 de 5

Dende o C.D.R. “O Viso” prestamos un servizo, individualizado e gratuito, de Orientación Laboral, formación e acompañamento á inserción laboral, dirixido ás persoas que precisan axuda para a busca de emprego e que están interesadas en facer formación que lles axude a mellorar as súas capacidades.
Dende o mes de febreiro de 2020, estamos a acompañar a 46 persoas na busca de emprego e facendo formación en primeiros auxilios, atención ó cliente, igualdade de oportunidades e sensibilización medioambiental. A nosa metodoloxia de traballo interdisciplinar reflicte os bos resultados das nosas intervencións na Comarca: das 46 persoas atendidas, 17 persoas atoparon emprego na Cormarca e 38 fixeron unha acción formativa para mellorar a súa empregabilidade.
No Servizo de Orientación, o persoal técnico, ofrece un apoio e asesoramento individualizado para realizar trámites coa administración en materia de emprego, preparación do Currículum, acceso a portais de emprego e preparación de entrevistas de traballo.
Dende o CDR O Viso, dispoñemos dun Servizo de intermediación para facilitar os procesos de selección das empresas cando precisan incorporar novos/as profesionais. Este servizo gratuito, pon en contacto a persoas que buscan traballo e ás empresas que precisan cubrir os seus postos de traballo.
Para que tódalas persoas poidan mellorar as súas capacidades, medrar as posibilidades de emprego e manter un alto nivel de prevención pola COVID 19, estamos a organizar formación e-learning nas áreas sociosanitarias, de comercio, atención á clientela e limpeza.
Estas actuacións enmárcanse no Programa integrados para loita contra a despoboación rural POISES. FSE 2014-2020 (CCI 2014ES05SFOP012).
No C.D.R. O Viso dispoñemos dun Punto TIC (con ordenadores e tablets con conexión a internet), para que tódalas persoas poidan beneficiarse dunha formación gratuita e de calidade.
Aquelas persoas, maiores de 16 anos, que estean na busca de emprego ou que queiran mellorar a súa situación laboral, poden pedir cita previa no Telf.: 988 461571 ou a través do correo. orientacionlaboral@cdroviso.org.


 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

 
Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

aceptacookies