Noticias
© CDR O Viso | 20/11/2020 | Día internacional de los derechos de la infancia
Recoñecemento ás nosas nenas e nenos hoxe e tódolos días
Día Internacional dos Dereitos da Infancia
20/11/2020 | A Limia
Hoxe, 20 de Novembro, conmemórase o día internacional dos dereitos da infancia e no CDR “O VISO” sumámonos a tan necesaria reivindicación. Os dereitos das nenas e nenos son innegociables e queremos que as súas necesidades, as súas inquedanzas, as súas ideas sexan escoitadas e atendidas polas administracións públicas.
Este ano 2020 estanos amosando o nivel de humanidade da infancia: aceptaron o confinamento, adaptáronse a non saír, a non ver a seres queridos nin amizades, asumiron en tempo récord os novos protocolos de hixiene e protección, manteñen as medidas dunha forma estrita como ninguén, aceptaron a volta á escola con restricións impensables... e son elas e eles o noso apoio emocional.
No CDR “O VISO” temos un claro compromiso social cara a nosa infancia e desde os nosos programas traballamos para poñer en valor o papel das nenas e nenos do rural, sostén das nosas aldeas, lingua, cultura. Queremos que sexan escoitados, que poidan seguir medrando coa comunidade, que poidan xogar en liberdade nas canelliñas e nas airas, que teñan o orgullo da terra e a oportunidade de permanecer nela.
Todo o noso recoñecemento ás nosas nenas e nenos por seguiren amosando a mellor cara do ser humano.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias