Infórmate > Noticias 

Noticias 

Importante colaboración económica do Concello de Xinzo
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

20/10/2020 | A Limia

Para cofinanciar algúns proxectos do CDR O Viso

1 de 2

   O CDR O Viso acaba de recibir unha axuda de 3.000 euros do Concello de Xinzo de Limia polos SERVIZOS DE PROXIMIDADE (COMEDOR SOCIAL A DOMICILIO...) E ATENCIÓN URXENTE PARA FACER FRONTE ÁS NECESIDADES DERIVADAS DO COVID 19 prestados tanto na vila coma en moitos pobos do Concello. As diferentes accións realizadas e que se siguen facendo son:
- Atención permanente durante 24 horas de servizo de atención psicolóxica, que serviu para dar acompañamento e pautas no manexo da ansiedade e afrontamento da situación de crise, co obxectivo de superala cos mínimos custe emocionais posibles.
- Servizo de comedor a domicilio: o reparto diario de xantares e algunhas ceas tamén de comedor social. Unha media de entre 60 e 66 cada día, todos os días tanto na vila coma en máis de 10 pobos do Concello. Puntualmente tamén a persoas/familias que deron positivo de COVID e que necesitaron este servizo.
- A realización de compra de alimentación e outros bens.
- Reparto, dous días á semana, de produtos frescos e básicos de alimentación provintes, na súa mayoría, de doazóns.
- Pagamento de recibos de alugueiro e de subministros (de auga, luz e gas entre outros).
- O equipo da entidade mantivo reunións de coordinación interdisciplinar cos servizos sociais comunitarios básicos do Concello e seguimos a facelo.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

 
Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

aceptacookies