Infórmate > Noticias 

Noticias 

Renovación da subvención
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

19/10/2020

O CDR O Viso volve recibir a subvención de Política Social que lle permite manter e poñer en marcha programas e proxectos.

1 de 1

Unha convocatoria máis a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Inclusión, ven a recoñecer o traballo do CDR O Viso coa renovación da subvención para entidades de iniciativa social de promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
Esta financiación permítelle o CDR O Viso manter moitos dos servizos que a día de hoxe se prestan e por en marcha outros,todos eles co obxectivo común de dinamizar o rural da comarca da Limia,mantendo servizos e fixando poboación.
Devanditos servizos abranguen:

-Conciliación familiar e laboral, a través do programa Concilia.

-Apoio a inclusion social básica e na transición o emprego a través de itinerarios personalizados (programas Includere e RuralEmprega-T).

-Comedor Social O Viso, instalación situada no pobo de Lodoselo (Concello de Sarreaus), que permite evitar ou retrasar a institucionaliación dos nosos maiores permitindo a permanencia na súa contorna.

-Servizo de provisión de recursos básicos. Co gallo da situación actual este recurso foi máis necesario que nunca xa que permitiu proveer as familias en risco de exclusión de lotes de alimentos e produtos de hixiene básica.

-Formación en alfabetización dixital.

-Proxecto de dinamización comunitaria "O patrimonio da auga". (Novidade nesta convocatoria).

Esta subvención está cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

 
Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

aceptacookies