Infórmate > Noticias 

Noticias 

Concilia de Verán 2020
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/06/2020 | Xinzo de Limia

Actividades socioeducativas durante os meses de xullo e agosto

1 de 1

Un ano máis o C.D.R. O VISO pon en marcha o programa de CONCILIA DE VERÁN 2020 durante os meses de xullo e agosto. Este ano, con motivo da crise sanitaria xerada pola COVID-19, levaremos a cabo o programa de conciliación no CEIP Rosalía de Castro en horario de 9.00h a 14.00h de luns a venres. Dito programa vai dirixido a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. 

Consideramos fundamental nestes momentos realizar este programa para facilitar máis que nunca a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas familiares e/ou coidadoras/titoras legais das persoas destinatarias do servizo de conciliación. Levaremos a cabo todas as medidas de hixiene e seguridade establecidas co fin de garantir a seguridade de todos e de todas. 

PRAZAS LIMITADAS!!!

Para inscricións e/ou información no CIX da Limia, Rúa Ladeira Nº21, baixo.

Teléfono de contacto: 988461571

Email: cixdalimia@cdroviso.org ou cixdalimia@gmail.com 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

 
Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

aceptacookies