Infórmate > Noticias 

Noticias 

Mercadona comeza a doar alimentos ó Centro de Desenvolvemento Rural O Viso
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

15/04/2020 | A Limia

Nota de prensa

1 de 2

 Mercadona inicia as doazóns diarias de alimentos de primeira necesidade ao Centro de  Desenvolvemento Rural “O Viso" que leva máis de 30 anos acompañando á xente do medio rural  limiano.

A compañía de supermercados Mercadona empezou a colaborar co Centro de  Desenvolvemento Rural “O Viso" situado na parroquia de  Lodoselo en Sarreaus, que leva desde 1990 traballando para acompañar e dar apoio á xente do medio rural  limiano.

O Centro de  Desenvolvemento Rural “O Viso" ten como misión acompañar á poboación máis vulnerable da comarca da Limia nos seus procesos de desenvolvemento integral a través de accións globais de carácter social, educativas, informativas, económicas, de formación e emprego para permitirlles permanecer no seu medio en mellores condicións e cunha maior calidade de vida.

Desde o  C.D. R. O Viso mantense a idiosincrasia e ponse en valor a abordaxe comunitaria coa que naceu o proxecto, tendendo pontes cada vez en maior medida cun novo axente como é o tecido empresarial co que se manteñen liñas de colaboración –en base ás súas accións de Responsabilidade Social Corporativa-, obtendo unha  retroalimentación para ambas as partes, xerando así un impacto social moi importante. 

A compañía apoia desta forma o gran labor social que esta institución realiza desde hai anos na Provincia de Ourense e que veñen sumarse ao Comedor Social de Cáritas da capital ourensá co que Mercadona colabora desde 2014. As doazóns diarias realizaranse pola mañá e para iso Mercadona achega os seus propios recursos loxísticos e humanos.

Iván, traballador do supermercado Mercadona de Xinzo de Limia que achegou as doazóns á entidade afirma "O labor do  C.D. R. 'O Viso' alimentando e coidando ás persoas maiores da zona é extraordinaria, estamos moi orgullosos de poder achegar o noso pequeno gran de area".

A entidade incorpórase a este proxecto social que Mercadona iniciou en 2013 e que aglutina a 12 comedores sociais máis cos que a compañía colabora en Galicia. Esta iniciativa solidaria responde á inquietude de Mercadona por crear valor compartido, contribuíndo ao desenvolvemento do benestar da sociedade que lle rodea. A compañía colabora a diario con máis de 210 comedores sociais de diferentes localidades de España, ademais de manter convenios de colaboración con máis de 60 institucións e entidades benéficas. No seu compromiso social Mercadona doou máis de 9.218 toneladas de alimentos durante 2019. En concreto en Galicia, doou máis de 706 toneladas a distintos comedores sociais e entidades benéficas durante o último ano, reforzando o traballo solidario de todas estas organizacións cuxo obxectivo é dar unha resposta digna ás necesidades das persoas máis desfavorecidas. 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info