01/04/2020 | A Limia
Para que as persoas confinadas máis vulnerables sigan contando cos servizos básicos
1 de 4
© CDR O Viso
Dende o C.D.R. “O Viso” continúanse a prestar servizos básicos urxentes e necesarios de atención a situacións de primeira necesidade. O Estado de Alarma decretado polo Goberno, coas súas respectivas restricións, supón que moitas persoas vexan diminuídos os seus ingresos e teñan dificultades para facer fronte ós gastos derivados do uso da vivenda e da súa manutención. Referímonos –a groso modo-, por un lado, a aquelas persoas cuxos ingresos proveñen da venda ambulante, do xornal día a día, etc. pero tamén das que pasaron ó expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) –cunha notable redución dos seus ingresos-, ou foron despedidas e teñen que agardar a cobrar o subsidio de desemprego.
No marco do Programa de Emerxencia Social o pasado martes 24 de marzo, tal e como estaba previsto, desprazámonos á nave do Banco de Alimentos de Ourense, ubicada no Parque Empresarial de Pereiro de Aguiar, a buscar 806 kg de produtos de alimentación non perecedoira correspondentes á III Fase do Plan FEAD 2019.
O MÉRCORES 25 DE MARZO RECIBIMOS UNHA DOAZÓN DE GADISA NO CENTRO DE INCLUSIÓN.
O mércores 25 de marzo, recibimos 638 kg de produtos básicos de alimentación e hixiene, doados por GADISA -en base á súa acción de responsabilidade social corporativa- que cada ano colabora cos nosos programas de atención a persoas en situación de vulnerabilidade.
O MARTES 31 DE MARZO APOIÁRONSE AS NECESIDADES BÁSICAS DE 10 UNIDADES FAMILIARES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE.
O martes 31 de marzo repartíronse, aproximadamente, 300 kg de produtos básicos de alimentación (non perecedoiros e frescos), hixiene e limpeza do fogar e bombonas de gas, cobertura do alugueiro dalgunha unidade familiar, etc. aproximadamente a 40 persoas da comarca en situación de vulnerabilidade. Algúns destes produtos eran os correspondentes á terceira fase do Plan FEAD 2019, que fomos buscar a pasada semana ó Banco de Alimentos de Ourense.
ATENDENDO NOVAS NECESIDADES
Dende a Área social tense feito un seguimento da situación social e de saúde das persoas usuarias para identificar necesidades e valorar a cobertura das mesmas tentando que sexan o máis autónomas posible. Estase apoiando a persoas na solicitude da súa prestación por desemprego, debido á fenda dixital que sofren, debido a que a Oficina do Servizo Público de Emprego remítelles ó trámite por vía telemática.
Do mesmo xeito e, dende o Centro de Inclusión de Lodoselo, repártense diariamente máis de 100 bandexas de alimentación diaria a domicilio –a meirande parte delas de risco por COVID-19. Porque a maiores estanse a levar tamén ás casas das persoas que comían no centro.
Así mesmo, a Terapeuta Ocupacional, e o persoal auxiliar fan un seguimento telefónico e domiciliario con cada unha das persoas que anteriormente acudían ó centro e/ou que se lles levaba a comida a domicilio ou outros servizos de proximidade e van a levarlle alimentos, medicación, produtos de apoio... cando os precisan; sendo –nalgúns casos- a única chamada que reciben o que demostra o valor social e a referencia que somos para eles.
Dende á área de atención psicolóxica estase prestando acompañamento e apoio por teléfono, achegando a quen o precisa material e pautas para o manexo da ansiedade e afrontamento da situación de crise na que nos atopamos, co obxectivo de superar esta nova realidade cos mínimos costes emocionais posibles, especialmente a familiares afectados polo Covid 19, profesionais expostos (auxiliares, persoal sanitario, etc.. ) e persoas que xa tiñan trastornos depresivos ou de ansiedade que se ven agravados pola situación actual.
Ó longo das vindeiras semanas e, durante o período que dure o confinamento, manteremos este apoio a domicilio do persoal auxiliar, atención telefónica, por correo electrónico ou redes sociais en coordinación cos Servizos sociais comunitarios dos concellos e cos axentes sociais en xeral para identificar necesidades e valorar o xeito de dar resposta ás mesmas para que sexan cubertas salvagardando a seguridade e protección de persoas usuarias e do persoal traballador.
Queremos desde aquí agradecer o enorme esforzo que está a facer o persoal laboral do Centro, as persoas voluntarias e os moitos apoios que estamos a recibir neste singular momento
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
- Casa Niño Lodoselo
- 16/04/2021
- O CDR en loita contra a fenda dixital
- 13/04/2021
- O CDR no Extra de La Región
- 10/04/2021
- As campás de Lodoselo tocando á Galicia Baleirada
- 31/03/2021
- 2º aniversario Revolta España baleirada
- 30/03/2021
- Pateando o Monte do Viso: minas, pedras, paisaxe, historia...
- 27/03/2021 | Lodoselo-Nocelo da Pena
- Recepción dos alimentos da 3ªFase FEAD
- 26/03/2021
- Sábados en Familia e o noso patrimonio da Auga en Faramontaos
- 22/03/2021 | A Limia
- Doazón de bens básicos
- 22/03/2021 | Xinzo de Limia
- Actividades de Educación Infantil Familiar na Limia
- 15/03/2021
- O CDR O Viso e a infancia da comarca da Limia tamén estamos representados nesta exposición
- 13/03/2021 | Santiago
- Damos por rematada a campaña do 8M
- 12/03/2021 | A Limia
- Porque foron, somos. Porque somos, serán
- 08/03/2021 | A Limia
- Contentos de anunciar que un ano máis o noso proxecto foi seleccionado nas #ConvocatoriaslaCaixa 2020
- 05/03/2021 | A Limia
- Campaña do 8M nos centros educativos de Xinzo e da comarca
- 05/03/2021 | A Limia
- A relación coa contorna coma un dos vínculos decisivos na vida
- 25/02/2021
- Damos comezo ao programa de Formación Dixital
- 24/02/2021 | A Limia
- Na procura de recursos para o empregro
- 22/02/2021 | Xinzo de Limia
- Iniciamos a Teleformación no CDR O VIso
- 19/02/2021
- Sempre atentos para que os demais estean ben
- 15/02/2021
- Apoio no proceso de Avaliación e Acreditación de Competencias Profesionais
- 05/02/2021
- Importante axuda para contribuír a facer real o ben común
- 21/01/2021 | A Limia
- Os Reis Magos, a pesares da friaxe, tamén chegaron Á Túa Outra Casa
- 06/01/2021 | Lodoselo
- Cómplices dunha causa solidaria
- 05/01/2021 | A Limia
- Para gozar do noso porque tamén Muras somos nós
- 01/01/2021
- Despedimos o ano coa primeira dose da vacina
- 31/12/2020 | Lodoselo
- Cantámoslle os Reis do Quiquiriquí
- 22/12/2020 | A Limia
- Radio Lodoselo
- 20/12/2020
- Neste tempo de distopía realzar á xente de boa vontade
- 16/12/2020 | A Limia
- Pregoamos a nosa esperanza nas persoas
- 10/12/2020 | A Limia
- Presentación dos proxectos gañadores de #EDPSolidaria 2020
- 09/12/2020 | O 10 de decembro ás 12h
- A gratitude como hábito
- 08/12/2020 | Lodoselo
- Xuntos podemos: Día Internacional do Voluntariado
- 05/12/2020 | A Limia
- Loitando contra a pobreza e a exclusión dende o rural
- 04/12/2020
- Visita do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense ó CDR O Viso
- 02/12/2020 | Lodoselo
- 1 de decembro: Día Mundial da Sida
- 01/12/2020 | A Limia
- Tódolos días contra a violencia de xénero
- 24/11/2020 | A Limia
- Xornadas de Prevención de Violencia de Xénero nos CEIP e IES
- 23/11/2020 | Xinzo de Limia
- 25 N. Que podo facer eu?
- 21/11/2020 | A Limia
- Recoñecemento ás nosas nenas e nenos hoxe e tódolos días
- 20/11/2020 | A Limia
- Casas da Memoria
- 15/11/2020 | Lodoselo
- O CDR O VISO aposta pola formacion online para mellorar as posibilidades de emprego
- 13/11/2020 | XINZO DE LIMIA
- Boa acollida do programa de Educación Infantil Familiar na Limia
- 12/11/2020
- “Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño”
- 10/11/2020 | Lodoselo
- Prosigue a colaboración entre o Mercadona e o CDR O Viso.
- 09/11/2020
- O noso mel, preparado
- 05/11/2020 | Lodoselo
- Afianzando e mantendo o noso vencello á terra e ó saber popular.
- 03/11/2020 | Lodoselo
- Pequenas obras de mellora
- 02/11/2020 | Lodoselo
- O proxecto presentado polo CDR O Viso un dos seleccionados por EDP Solidaria 2020
- 25/10/2020 | Oviedo
- Fase II do programa de axuda alimentaria
- 21/10/2020
- Importante colaboración económica do Concello de Xinzo
- 20/10/2020 | A Limia
- Renovación da subvención
- 19/10/2020
- O Servizo de emprego e formación do CDR O Viso
- 16/10/2020 | Xinzo de Limia
- Celebramos o Día Internacional da Muller Rural
- 15/10/2020 | A Limia
- Participación no encontro Mutante´s
- 05/10/2020 | A Veiga
- Visita de CAS (Colectivos de Acción Solidaria)
- 04/10/2020 | Lodoselo
- Máster en Intervención multidisciplinar na diversidade de contextos educativos
- 01/10/2020 | Ourense
- Mobilización a favor da Sanidade Rural o próximo 3 de outubro
- 28/09/2020 | A Limia
- Comezamos co programa de Educación Infantil Familiar un ano máis
- 03/09/2020
- Despois de dous meses, damos por finalizado o concilia de Xinzo e Laza.
- 31/08/2020
- Concilia de Verán, mes de xullo
- 31/07/2020 | Xinzo de Limia
- Estamos realizando o Concilia Rural de verán
- 28/07/2020
- Poñemos en marcha un programado espazo sensorial
- 10/07/2020 | Lodoselo
- Concilia de Verán 2020
- 03/07/2020 | Xinzo de Limia
- Participamos na creación dun Observatorio Social
- 02/07/2020 | Xinzo de Limia
- En xuño tamén tocou segar e preparar a herba seca para todo o ano
- 30/06/2020 | Lodoselo
- Remate do programa de Educación Infantil Familiar na Limia.
- 22/06/2020 | Xinzo de Limia
- Concilia de Verán 2020
- 16/06/2020 | Xinzo de Limia
- 8 anos da inauguración do Centro de Inclusión
- 15/06/2020 | Lodoselo
- A nosa psicóloga entrevistada hoxe no Faro de Vigo
- 15/06/2020
- Os nosos programas de atención urxente na Voz De Galicia
- 08/06/2020
- A túa outra casa na Voz de Galicia (Loita contra o coronavirus)
- 25/05/2020 | Lodoselo
- Día Internacional das Familias
- 15/05/2020
- Grazas por coidarnos, Carabuñas e o apoio ó produto local e galego
- 09/05/2020 | A Limia
- Á procura dunha normalidade que revirta esta anomalía
- 08/05/2020 | A Limia
- Servizo de Orientación laboral
- 05/05/2020 | A Limia
- Itinerarios integrados contra o despoboamento
- 02/05/2020 | A Limia
- Vegalsa-Eroski dóanos 900 kilos de produtos de primeira necesidade
- 27/04/2020 | A Limia
- Acompañamento ás mulleres inmigrantes
- 24/04/2020 | A Limia
- O CDR O Viso, continúa a actividade de Orientación Laboral e Formación para a Busca de Emprego durante o Estado de Alarma declarado polo COVID 19
- 20/04/2020 | A Limia
- Mercadona comeza a doar alimentos ó Centro de Desenvolvemento Rural O Viso
- 15/04/2020 | A Limia
- Un empresario de Mos doa 7.000 kilos de carne a doce comedores sociais
- 14/04/2020 | Lodoselo
- A forza da comunidade organizada
- 06/04/2020 | A Limia
- Aprendendo a vivir co drama
- 24/03/2020 | Lodoselo
- É o tempo de vivir o aquí e o agora
- 24/03/2020 | A Limia
- Traballando e reorganizando algúns servizos
- 17/03/2020
- Comunicado
- 12/03/2020 | A Limia
- Memoria de actividades do 8M
- 11/03/2020 | Xinzo de Limia
- Acto con motivo do 8 M na casa de Cultura
- 10/03/2020 | Xinzo de Limia
- Campaña 8M. Día Internacional das Mulleres.
- 09/03/2020 | Xinzo de Limia
- Libres, fortes, empoderadas
- 06/03/2020 | A Limia
- O CDR O Viso incorpórase á Plataforma de Organizacións de Infancia en Galicia
- 05/03/2020 | Santiago de Compostela
- Estadía en Lodoselo do alumnado de Educación Social
- 03/03/2020 | Lodoselo
- Novo programa de itinerarios integrados
- 28/02/2020 | A Limia
- Desfile 2020
- 21/02/2020 | Xinzo de Limia
- Colgamento do meco en Lodoselo
- 18/02/2020 | Lodoselo
- Entroido: Corredoiro 2020
- 16/02/2020 | Lodoselo
- Sábados en familia
- 16/02/2020 | A Limia
- Declaración renda retornados de Alemaña
- 12/02/2020 | Lodoselo