Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 17/03/2020 | 3

Traballando e reorganizando algúns servizos

Polo benestar de quen máis o necesita

17/03/2020

Se na anterior entrada faciamos público o comunicado da cancelación das actividades grupais... Velaquí o persoal do CDR O Viso afrontando neste momento unha nova realidade polas circunstancias que todas as persoas sabemos. Se nalgunhas accións púidose resolver suspendendo a actividade, noutras cómpre traballar, aínda máis, coidándonos e evitando os riscos actuais.

Por isto a maiores das comidas que xa se repartían polos domicilios con dous vehículos adaptados para isto, día si e día tamén, estamos a levar a de todas aquelas persoas que comían aquí no Centro de Inclusión polo que se habilitou outra furgoneta con portabandexas e a conseguinte reorganización do persoal, percorridos.... A maiores cada día estamos a recibir peticións novas para este servizo. 

Agradecer a profesionalidade e responsabilidade do persoal laboral protexéndose para protexer ás persoas máis vulnerables coas que traballamos e mesmo o ofrecemento de protección civil para botarnos unha man se non damos feito. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias