Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 07/02/2020 | Mercadona RSE

Mercadona colaborará coas accións do CDR O Viso dirixidas ás persoas máis desfavorecidas

Responsabilidade Social Empresarial

07/02/2020 | A Limia

Hoxe recibimos a visita de Mariña, Xerente de RR.EE. de Mercadona, que veu visitarnos ó Centro de Inclusión Lodoselo para abrir unha liña de colaboración de cara á percepción daqueles excedentes alimentarios do seu establecemento de Xinzo.

Tanto a través do Comedor social do Centro de Inclusión, como do reparto a domicilio achéganse comidas a persoas en situación de vulnerabilidade con cuotas adaptadas á súa situación socioeconómica. De aí que as sinerxias co tecido empresarial sexan benvidas, asumindo outro actor a súa responsabilidade. Moitas grazas!

#ResponsabilidadeSocialEmpresarial #Mercadona #Doazón #CentrodeInclusión #ComedorSocial #Lodoselo #Inclusión #CDROVISO

Arquivada en:
Infórmate > Noticias