Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 26/12/2019 |

Hoxe deu comezo o Concilia de Nadal de 2019

Actividades socioeducativas durante as vacacións de nadal.

26/12/2019 | Xinzo de Limia

Un ano máis dende o CDR O Viso estamos levando a cabo durante as vacacións de nadal o programa "Concilia de Nadal" coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas que forman o núcleo familiar dos/as nenos/as que veñen ao programa.
Neste primeiro día, estivemos realizando diversos xogos co obxectivo de coñercernos un pouquiño mellor entre nós. Como o bo tempo nos está acompañando, saímos ata a praza de Carlos Casares para xogar a corda, ao xogo do pano, aos bolos...tivemos tempo para xogar, divertirnos e pasalo ben, e isto só e o comezo!!!Tamén estivemos realizando algunha que outra manualidade, coa creatividade e a imaxinación de cada neno/a, debuxamos e adornamos unha árbore de nadal.
Estas actividades son realizadas ao abeiro da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede a súa convocatoria para os anos 2018,2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias