Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/12/2019 | Dávide

No día internacional do voluntariado, graciñas

5 de decembro

05/12/2019

No día internacional do voluntariado temos que facer unha mención especial ás diferentes persoas que contribúen a que o CDR O Viso poida seguir facendo posible o que é necesario. 

Empezando polo mesmo persoal que ten contrato de traballo co CDR pero que lle dedica o mellor de si ó seu cometido (que é nalgúns casos máis que a súa profesionalidade) ou o que é o mesmo moito máis que o feito de "cubrir o expediente" que se di.

E a continuación a todas as persoas que sen ter esa relación de contrato de traballo co CDR axudan no que poden: nuns casos coa súa presenza (participando e colaborando nos diferentes programas, facendo compaña, visitas...), noutros con achegas materiais (produtos, propiedades que nos permiten utilizar, etc.)

E neste amplo abano traer aquí ás dúas persoas que na actualidade a través do SVE (Servizo de voluntariado europeo) están con nós: Dávide (que veu desde Italia) e Bahar (que chegou de Estambul, Turquía).  

A todas e todos: graciñas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias