Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 20/11/2019 | 2

O dereito a vivir a Infancia

Traballamos e reivindicamos 

20/11/2019

Hoxe é o Día Internacional da Infancia porque se conmemora a entrada en vigor da Convención sobre os dereitos das nenas e nenos no 1990.
No CDR "O Viso" a infancia é un dos piares que sostén o noso traballo e reivindicamos en cada actuación os seus dereitos fundamentais: dereito á identidade, á familia, á saúde, a medrar en liberdade, a recibir uns coidados axeitados, á protección, ao non abandono, a non ser discriminados... doblemente por vivir no medio rural.

E tamén o dereito ó xogo libre, o dereito a pasar tempo de calidade coas nais e pais, o dereito a que se respecten os seus ritmos de aprendizaxe, o dereito a pasar tempo na natureza e tamén o dereito a non facer nada, a aburrírense para poder crear, en definitiva, o dereito a vivir a infancia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias