Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 11/10/2019 | Voluntariado Ambiental

¿Imos no bo camiño para unha correcta xestión de residuos?

Xornada de Voluntariado Ambiental

11/10/2019

O cambio climático é un dos problemas máis graves aos que nos enfrontamos a día de hoxe. O incremento da temperatura media do planeta, o cambio nos patróns das precipitacións, o aumento do nivel do mar e da frecuencia de fenómenos meteorolóxicos extremos (tormentas, securas, furacáns, etc.) están influíndo xa na agricultura, as migracións, o turismo, a saúde e, a medio prazo porá en cuestión o noso modelo de vida, que terá que adaptarse as novas condicións climáticas, económicas e sociais. Non actuar rapidamente para detelo ou para adaptarse as novas situacións que xa se están vivindo, sería unha grave irresponsabilidade e levaría a escala global un incremento das inversións económicas para palialo.

A loita contra o cambio climático non só é un reto, se non que tamén pode entenderse como unha oportunidade para propiciar un cambio no estilo de vida que permita o desenvolvemento dun mundo máis xusto e equilibrado, onde os patróns de progreso se refiran á solidariedade, á equidade, á cooperación, á participación, ó respecto aos dereitos humanos e ó sostemento.

E nesta liña traballamos a pasada fin de semana en Lodoselo, nunha agradable xornada na que escoitamos, debatemos, aprendemos, fixemos papel reciclado e marchamos concienciadas en mellorar e reducir a produción de residuos nas nosas casas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias