Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 10/10/2019 | Davide IES

Comezamos o novo curso coa campaña de sensibilización e concienciación do Comercio Xusto

Comercio Xusto nos I.E.S. Lagoa de Antela e Cidade de Antioquia

10/10/2019 | Xinzo de Limia

Retomamos a nosa campaña anual de Comercio Xusto nos I.E.S. de Xinzo de Limia, onde tratamos de concienciar e sensibilizar a toda a poboación sobre a importancia de loitar por un mundo sen pobreza e consumir desta maneira, esta clase de produtos. Cando consumes produtos de comercio xusto, axudas a mellorar a calidade de vida de moitos pequenos produtores e produtoras. Dende o C.D.R. O Viso, cremos nun mundo onde tódalas persoas poidan gozar dos seus dereitos e ter as mesmas oportunidades.
Acudimos aos centros os mércores cada 15 días, e desta acompañounos por primeira vez Davide (voluntario beneficiario do Corpo Europeo de Solidariedade).
Recordade que no CIX (Centro de Información Xuvenil), na oficina do CDR O Viso, temos instalada tamén unha pequena tenda con produtos de comercio xusto, para que toda a comunidade da Limia poida coñecer esta outra maneira de axudar aos países menos desenvolvidos.
Podedes atoparnos na Rúa Ladeira, Nº21, baixo. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias