Noticias
© CDR O Viso | 30/05/2019 |
Olladas inclusivas: exposición de Terra e Xente
Dando visibilidade ó traballo sociocomonitario que facemos
29/05/2019 | Santiago de Compostela
Este pasado martes, 28 de maio, traballadoras e participantes de distintos programas do CDR O Viso desprazáronse nun autobús ata Santiago para asistir á inauguración da exposición "Olladas Inclusivas" da entidade Terra e Xente.
Alí estiveron con outras persoas do CDR Ancares, Portas Abertas e Pontedeume que xunto co CDR O Viso conformamos esta agrupación de Asociacións.
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, inaugurou a exposición na que a Xunta de Galicia dá visibilidade ao labor sociocomunitario que realiza a entidade Terra e Xente no rural. Esta mostra poderase contemplar durante o vindeiro mes no espazo da pirámide do edificio administrativo de San Caetano, dentro do ciclo de exposicións Olladas Inclusivas.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias