Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 07/05/2019 | Sara

Dieta e cambio climático

Caldo galego, ¿con ou sen ingredientes climáticos?

07/05/2019 | Lodoselo

Onte, luns 6 de maio, tivemos no centro de inclusión unha xornada de formación o persoal do CDR e algunha veciñanza da contorna. Da man de Sara Carvalho e Pablo Vivanco; Sara está facendo un post-doutoramento sobre alimentación e alteracións climáticas coa Universidade de Aveiro e a de Santiago de Compostela no que estamos colaborando cinco equipamentos de educación ambiental (tres de Portugal e dous galegos). Pablo é nutricionista, Farmacéutico, Óptico e Optometrista, Técnico superior en Ortopedia; xestiona a Farmacia Prieto Vivanco de Xinzo. Moitas grazas.

As persoas participantes corroboramos a tese de Sara: as alteracións climáticas están orixinando unha "mediterranización" e ameazan as tradicións e culturas rurais. As datas nas que sementamos, plantamos; as temperaturas coas que recollemos por exemplo as castañas comparadas coas lembranzas do frío que pasabamos facendo isto mesmo...Tamén analizamos que tipo de alimentos predominan nas nosas dietas, o estado (secos, frescos, precociñados, conxelados), o embalaxe, a proveniencia, os residuos xerados...

Pablo fixo un recorrido desde Hipócrates; somos o que comemos, a nosa saúde está nos nosos intestinos... Para axudarnos a apostar por unha alimentación saudable; produtos autóctonos e de temporada, alimentos frescos. Da dieta atlántica. Tamén das moléculas tóxicas na cociña (benzopireno) e dunha alimentación en harmonía coa pirámide nutricional. Da seguridade alimentaria...   

Arquivada en:
Infórmate > Noticias