Noticias
© CDR O Viso | 03/05/2019 |
Futurxs integradorxs sociais e técnicxs superiores en animación sociocultural e turística visitaron Lodoselo.
03/05/2019 | Lodoselo, Sarreaus
O pasado xoves 2 de maio visitaron as nosas instalacións, en Lodoselo, un grupo de alumnxs do ciclo formativo de animación sociocultural e turística e do ciclo formativo de integración social.
Coñeceron o proxecto e as diversas actividades que se levan a cabo dende o CDR O Viso; visitaron o albergue, a vivienda comunitaria, a casa niño e o centro de inclusión, onde tiveron a oportunidade de conversar coas persoas maiores.
O bo tempo permitíulles divertirse e aprender mediante un rastrexo por Lodoselo. Finalmente, gozaron dos xogos tradicionais no campiño.
Moitas grazas pola vosa visita e ata pronto!
Arquivada en:
Infórmate > Noticias