Accesibilidad

Noticias 

Campaña de prevención ao consumo de drogas.

Saber para previr...previr para vivir.

30/04/2019 | Xinzo de Limia.

O consumo de drogas na adolescencia representa na actualidade un problema social de gran relevancia tendo en conta, os altos índices de consumo dalgunhas drogas, a idade cada vez máis temperá de inicio do consumo e as múltiples e graves consecuencias que trae consigo. Por iso, dende o CIX da Limia (CDR O Viso) cremos necesario comezar a tomar medidas para a prevención de adiccións ás drogas dende xuventude.

Durante o luns 29 e o martes 30 de abril estivemos no IES Lagoa de Antela e no IES Cidade de Antioquía informando arredor de 270 alumnxs de 1º e 2º da ESO sobre a realidade que hai neste mundo e sobre as consecuencias de caer nel.

Seguiremos coa campaña ao longo do ano para así chegar ao maior número posible de mozxs.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias