Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 01/04/2019 |

Formación en risoterapia e animación á terceira idade.

O sorriso é a linguaxe das persoas intelixentes.

01/04/2019 | Lodoselo, Sarreaus.

O pasado sábado tivemos no Centro de Inclusión de Lodoselo un obradoiro de risoterapia e animación á terceira idade.

Foi un día intenso no cal alternamos momentos de moito movemento, baile, etc. con outros de relaxación e conexión con nós mesmxs. Compartimos experiencias e aprendemos moitas dinámicas, para facer coas persoas maiores, nas que a risa era a protagonista principal.

Moitas grazas a tódolxs participantes e ao formador por facernos pasar un día tan divertido!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias